viernes, 7 de junio de 2019

CLAUSURA DO CLUB DE LECTURA

O curso está a piques de rematar e con el, o club de lectura. O alumnado que participou nesta actividade recibiu un pequeno agasallo (unha camiseta). 
Esperamos que vos gusten e grazas pola vosa participación! 




martes, 4 de junio de 2019

ROSALÍA SOCIAL

O alumnado de 3ºA da ESO, dividido en grupos, realizou un documento audiovisual sobre poemas sociais de Rosalía. A actividade consistiu na lectura expresiva de cada poema, na súa interpretación temática e na identificación dunha causa actual que puidese servirlle á autora para manter a denuncia social. Os obxectivos docentes desta actividade alcanzan dende a xestión de grupos medios (6, 8 rapaces e rapazas), a estimulación da sensibilidade poética, o manexo de habilidades TIC ou a observación e reflexión sobre o seu propio mundo. Parabéns!
 

PREGUNTA DO DÍA. 8ª RESPOSTA

ROSALÍA SOCIAL. MARTA, DANIELA E MARIÑA

PREGUNTA DO DÍA. 8ª PREGUNTA

PREGUNTA DO DÍA. 7ª RESPOSTA

PREGUNTA DO DÍA. 7ª PREGUNTA

PREGUNTA DO DÍA. 6ª RESPOSTA