jueves, 17 de diciembre de 2020

BIBLIOTECA INCLUSIVA

 

Pica na foto para acceder á páxina de Bibliotecas Escolares, no apartado de Biblioteca Inclusica.

Poderás acceder aos materiais da xornada "BIBLIOTECA INCLUSIVA, LECTURA E DIVERSIDADE" e a unha importante selección de recursos.

sábado, 12 de diciembre de 2020

BIBLIOTECA ESO. ABRIMOS

 


Este Luns día 14 de decembro abriremos a biblioteca para o préstamo, a lectura, e o traballo para o alumnado de ESO durante os segundos recreos dos luns, xoves e venres. O aforo estará limitado a 16 persoas, e deberemos cumprir o protocolo de hixiene e desinfección establecido para poder acceder á sala de traballo e lectura. 
A apertura da biblioteca foi adiada debido á situación excepcional que estamos a atravesar neste curso. Tivemos moitos aspectos moi importantes que organizar e coidar antes de poder abrir a biblioteca e algúns atrancos importantes, tales como a redistribución dos espazos para poder cumprir coas normas establecidas polo protocolo COVID 19, dictadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Consideramos a atención á saúde do alumnado e de toda a comunidade escolar como prioritaria. 
Neste momento, no que parece que as cousas van rodando ben, imos intentalo. Contaremos coa colaboración dun grupo de voluntarios de 4º de ESO.
Agardámosvos!

jueves, 10 de diciembre de 2020

O ALUMNADO DE FRANCÉS DE 4º DE ESO CELEBRA O DÍA DO ENSINO

Qu' elle meilleure façon de fêter la journée de l, enseignement qu, avec un poème de Prévert recité para les élèves de quatrième de la ESO.

Qué mejor manera de celebrar el día del ensino que con una poesía de Prévert recitada por los alumnos de 4 ESO.



A BIBLIOTECA EN TEMPOS DE COVID

Este curso tardaremos un pouco en abrir posto que estamos a traballar preparando a nosa biblioteca para adaptarse ao protocolo COVID do Centro. 

Aquí vos deixamos unhas imaxes de como está quedando todo. Sabemos que tedes moitas ganas de baixar pero.... en nada, vémonos! 

Ánimo rapaces!