miércoles, 29 de junio de 2022

MON MAGAZINE


O alumnado de 1º e 2º de ESO realizou unha revista titulada "MON MAGAZINE".

Cando a profesora lles falou do proxecto houbo caras de sorpresa e escepticismo: parecía un reto moi complicado xa que se trataba de elaborar unha revista cos contidos vistos ao longo do curso, pero sen copiar nin do libro de texto nin  dos apuntes. Tratábase de reflectir os contidos traballados durante o curso de maneira orixinal e lúdica: con pasatempos, encrucillados, xogos...

Tras dúas semanas de riguroso traballo na aula, os resultados foron sorprendentes: os alumnos e alumnas puxeron a funcionar a súa imaxinación e inxenio para levar a cabo un traballo realmente sorprendente cheo de colorido e de maxia!!

Noraboa a tod@s.