jueves, 18 de noviembre de 2021

CONTACONTOS: O PAÍS DOS MANDÓNS

Hoxe, o alumnado de primeiro e segundo de Primaria participou nun contacontos infantil que a nosa biblioteca organizou na Senra. 

O libro escollido foi " O País dos Mandóns" de Cristina Justo. Neste país, mandan uns cantos sobre o resto e terá que cambiar algo porque teñen unhas normas moi inxustas.....
Ao finalizar, houbo unha quenda de preguntas onde comentaron a importancia da igualdade entre homes e mulleres. 

Moitas gracias Cristina por compartir un anaquiño do teu tempo con nós!

Lembrade que na biblioteca tedes algunha das súas obras: O segredo de Flora, 
A urna dos desexos, ...