viernes, 9 de junio de 2023

VISITA DO CRA DE BERGONDO

Como cada mes de xuño desde hai moitos anos, recibimos a visita de todo o alumnado das escolas do CRA de Bergondo que veñen para coñecer o que será o seu centro o vindeiro curso. Organízanse en grupos e van visitando as clases de primeiro de primaria, o comedor, o bosque, o pavillón, ...

Como non, pasaron pola biblioteca a facernos unha visita. Benvidos rapaces! 





Taller de identificación e prensado de algas con 1º ESO

 








miércoles, 7 de junio de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS 22-23


Este ano AS MOCHILAS VIAXEIRAS volveron cargadas de libros e outros materiais  ás casas dos nos nosos nenos e nenas.
Este vídeo e un exemplo do que veu de volta, apuntado no cuaderno dentro da mochila.

jueves, 1 de junio de 2023

VOLUNTARIADO ESCOLAR

 Outro curso máis contamos cun bo número de alumnos e alumnas de quinto e sexto de Primaria e 4º de ESO que voluntariamente nos axudaron nos recreos durante todo o curso. Algunha das tarefas que realizaron foron: recollida e devolucións de libros, localización e colocación dos libros nos diferentes andeis según a CDU, pegada de carteis para anunciar as conmemoracións e actividades...

Foron de gran axuda! Moitas grazas rapaces!!!