VOOOLVEMOS AO PARLAMENTO XOVE!
Non nos resistimos a discutir! A convocatoria da competición de debate de Parlamento Xove contou outra volta con representación do Cruz do Sar. Os organizadores propuxeron a cuestión de se se deberían incrementar as sancións para as persoas e empresas que non respecten o medio ambiente? e nós intentamos deixárllelo claro: pode que si, pode que non.
O sábado día 7 de marzo combatemos dialecticamente no Complexo Residencial de Acea de Ama do Burgo cun grupo de 4º da ESO composto por Manuela, Andrea, Paula e Andrés, e tamén coa inestimable colaboración de Brais na fase preparatoria. Das tres confrontacións que tivemos saímos vitoriosos contra os equipos do SEK Atlántico de Pontevedra e contra Os Maristas de Lugo e superáronos os do Pondal de Cangas.
Pero non todo foron discusións, houbo algo de festa nocturna, amizades con proxección de futuro e non sei se ata namoros (pero disto non hai evidencias).