Hoxe, 24 de febreiro, é o Día de Rosalía e desde a biblioteca e o EDNL queremos convidarvos a celebralo co noso alumnado.
No taboleiro da entrada do edificio A colocamos esta imaxe de Rosalía e logo, arredor, os traballos que faremos da súa obra e vida.
En E.P. propoñemos que o alumnado traballe conxuntamente este día xunto co Día Mundial da Poesía (21 de marzo) coa lectura da poesía de Rosalía e compoñendo un/uns acróstico/s co nome de Rosalía de Castro. A idea é que cada titoría (ou cada alumno) faga un acróstico para logo expoñelos xunto ao cartel de Rosalía.
Na ESO, o profesorado da materia de Lingua Galega, vai traballar o tema dentro da súa materia pero tamén fixeron acrósticos.
Cando recollamos a exposición, formaremos un libro con todo o exposto que quedará na biblioteca a disposición de todo o alumnado.
Quedaron moi bonitos!