lunes, 26 de abril de 2021

SEGUIMOS CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO (I)

O alumnado de primeiro de primaria, durante estes días, adicoulle un anaquiño de tempo á lectura que é algo moi sinxelo pero imprescindible para acadar engancharnos aos libros e a ler. 

Escolleron as lecturas (libros, revistas, ...) que máis lles gustaron e o lugar no que lles apeteceu estar para gozar dese momento. 



Tamén quixeron recordar a viaxe que fixeron polos libros para coñecer diferentes lugares e personaxes...

Neste vídeo podedes ver a particular versión que fixeron do libro

 "A Casa da Mosca Chosca". Está xenial!

A casa da mosca chosca from CPI CRUZ DO SAR on Vimeo.





viernes, 23 de abril de 2021

FELIZ DÍA DO LIBRO!

 Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día do Libro. No ano 1995, a UNESCO fixou este día porque tal día coma este, morreron tres grandes escritores: Miguel de Cervantes, WilliaM Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

O alumnado de terceiro de primaria, grabou un vídeo na nosa biblioteca. Esperamos que vos guste!




miércoles, 7 de abril de 2021

HORA DE LER 2º ESO COAS NOVIDADES EN COEDUCACIÓN

Nesta ocasión utilizamos a selección de libros feita para a exposición do Día da Muller. Moitas biografías de mulleres que destacaron pola sua pegada profesional e vital e libros de historias que ven as nenas e mulleres cunha mirada diferente.