Iniciamos o segundo trimestre co Club de Lectura no que participan nenos e nenas voluntarios de quinto e sexto de primaria e unha profe que colabora coa biblioteca que foi a artífice da súa posta en marcha. Foi creado para compartir o gozo de ler e as emocións, reflexións e vivencias a través da lectura.
Xúntanse os venres na biblioteca durante o segundo recreo e dez minutos máis que lles prestan os titores de cada curso.
Comenzaron lendo " A lección de August" de Raquel Jaramillo Palacio. August ten dez anos, é fanático da Guerra das Galaxias e nunca foi ao colexio pois naceu con síndrome de Treacher Collins, un trastorno xenético determinado por malformacións craneofaciais. Os seus pais o tratan coma un neno pequeno sobreprotexido e a nai é a encargada da súa educación polo que non asiste ao colexio ata os estudos de Secundaria.
Que pasará cando accede a ir?
Como actividade final, a maquilladora de distintos anuncios e series da TVG, Yolanda Sousa (Fuchica na testa), "deformou e afeou o rostro" dun dos nosos lectores.