miércoles, 26 de febrero de 2025

ENCONTRO CON ANDREA MACEIRAS






 Hoxe o alumnado de 3º e 4º de ESO tivo un encontro coa escritora galega infantil e xuvenil

 Andrea Maceiras. No ano 2015 publicou o libro "Europa Exprés" co que gañou o premio Jules

 Verne. 

Este encontro permitiu aos estudiantes coñecer personalmente á autora e dialogar con ela

sobre a súa obra e o proceso de creación literaria. 

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades que ben o pasaron! 




miércoles, 19 de febrero de 2025

CADERNOS PARA ANOTAR O USO DOS ORDENADORES NAS AULAS


Encima dos carros dos ordenadores e  tamén na Aula de Informática quedarán estes cadernos para que o profesorado anote os traballos de Investigación e Tratamento da Información levados a cabo con estes dispositivos. 








 

lunes, 17 de febrero de 2025

DÍA DE ROSALÍA_Material elaborado polo equipo da biblioteca para conmemorar este día.

 

Vídeo DÍA DE ROSALÍA



Ficha ROSALÍA  para colorear e poñerlle o nome.





Ficha Rosalía, investigación e tratamento da información.



Puzzles Rosalía con ficha para completar a información.






sábado, 15 de febrero de 2025

CALIGRAMAS EN FRANCÉS




O Departamento de Francés organizou un concurso de CALIGRAMAS nos seguintes grupos:
 1º ESO B, 2º ESO A, 3º ESO A, B e 4º ESO  A e B.
"NON SOMOS APOLLINAIRE PERO CASE"
O xurado, formado por dous profesores de ESO, tras unha longa e difícil deliberación , concluíu: 
- 1º PREMIO: Caligrama de V.M. 3º ESO.  "Temos que coidar o noso planeta".
- 2º PREMIO: Caligrama de D.O. 2ª A. "A casa dos meus soños".
- 3º PREMIO: Caligrama de I.S. 2º A. "A casa dos meus soños".
Ademáis de corrección lingüística e ortográfica o xurado tivo en conta  a orixinalidade e creatividade dos traballos.
O venres 21 ás 13 horas serán entregados os premios na Biblioteca do CPI Cruz do Sar.
En próximas datas poremos en marcha o concuros para os alumnos de 1º ESO A  e 2º ESO B.














MATEMÁTICAS E ROBÓTICA. Biblioteca Creativa

 Nas aulas de primeiro traballamos a numeracion: concepto de decena e descomposición

 numérica.








viernes, 14 de febrero de 2025

LIBROS DE ROSALÍA DE CASTRO NA BIBLIOTECA

O equipo de dinamización da biblioteca seleccionou unha serie de libros para conmemorar o

Día de Rosalía de Castro.




 

martes, 11 de febrero de 2025

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA ( 11 DE FEBREIRO )

 

O día 11 de febreiro, a ONU celebra o Día Internacional da muller e da nena na ciencia, co fin de aumentar e favorecer a participación das mulleres e das nenas neste ámbito, achegándonos á igualdade de xénero e contribuíndo ao desenvolvemento económico e ao progreso de todosos obxectivos da Axenda 2030 do Desenvolvemento Sostible.

O alumnado de terceiro de Primaria, afondou un pouquiño máis na vida de Marie Curie e Jane Goodall traballando por parellas na búsqueda información cos ordenadores.