viernes, 25 de abril de 2025

DÍA DAS ARTES GALEGAS. ISAAC DÍAZ PARDO

 



O pasado día 1 de abril celebramos o Día das Artes Galegas dedicado este ano a Isaac Díaz Pardo. O alumnado de Educación Primaria decorou un prato facendo referencia a figura de Isaac e ao seu traballo como ceramista. O alumnado de 5º tamén decorou unha máscara inspirándose nas elaboradas en Sargadelos

martes, 22 de abril de 2025

OBRADOIRO DE REGUEIFA NA BIBLIOTECA

 O luns 7 de abril, o alumnado de 2° da ESO participou no Obradoiro de regueifa impartido por Lupe Blanco. Da man da regueifeira de Coristanco aprenderon cal é a orixe da regueifa, como se crea e como se canta de maneira moi activa e lúdica.