miércoles, 31 de octubre de 2018

SAMAÍN

O mércores pasado celebramos o Samaín, festa coa que os celtas celebraban o paso do ano e a fin das colleitas. Coincidía coa noite do 31 de outubro ó 1 de novembro e era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar aos familiares aínda vivos. 

A Biblioteca  xunto co EDNL, propuxo varias actividades: 
- PORTAS DE MEDO: para godo o alumnado do centro. Cada titoría decorou a porya da súa aula co tema do Samaín ou Magosto. 
-DEBUXAMOS DE MEDO: para o alumnado ata terceiro de Ed. Primaria. Entre todos os debuxos presentados, escollerase algún co que se elaborará o adhesivo de Samaín deste curso. 
- RELATOS TERRORÍFICOS: para o alumnado de 3° a 6° de Ed. Primaria e Secundaria. Poderán presentarse relatos escritos ou en vídeo. 
- CAIXA DOS MEDOS: preparamos tarxetas para que os nenos e nenas, de xeito anónimo, escribisen cal é o seu maior medo, que logo depositaron na "Caixa dos Medos" que se colocou na biblioteca. Logo fixemos unha selección dos máis curiosos para expoñer. 
- EXPOSICIÓN DE CABAZAS: con todas as cabazas decoradas, montamos a tradicional exposición. 

Moitas GRAZAS a tod@s pola vos participación! 






jueves, 25 de octubre de 2018

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca Escolar. Nesta data tan sinalada, queremos publicar o vídeo que gravaron na biblioteca a finais do curso pasado, sendo o noso centro un dos catro que empezou o proxecto Plan Lía 2.0.
Este vídeo foi publicado na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia xunto co dos outros tres colexios que participaron neste Plan. 

Esperamos que vos guste! Moitas grazas a tod@ s os que participastes! 


Ademais, coincidindo con este día, o alumnado de Primaria recomendou un libro que lles gustou a través do debuxo que fixeron da súa portada; e os de Secundaria fixeron unha crítica curta de cada libro.











miércoles, 10 de octubre de 2018

FORMACIÓN DE USUARIOS

A finais da semana pasada, os nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro de Primaria baixaron á biblioteca.
Alí explicáronlles como tiñan que facer para emprestar ou devolver un libro, como colocalo no seu andel correspondente, como localizar os libros axeitados á súa idade, cómics, películas, ... O préstamo  para o alumnado de primeiro e segundo é feito de xeito manual polos voluntarios da biblioteca; mentres que o de terceiro é informatizado pero coa colaboración dos axudantes que temks.
Ademais, fíxolles moita ilusión recoller os seus carnés e, sobre todo, que a biblio volvese abrir despois do verán. 




lunes, 8 de octubre de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa saíron as mochilas viaxeiras rumbo á casa dos nenos e nenas. Levan unha selección de libros (en galego, castelán e inglés) e unha revista e película, feita polo equipo de bibliteca.
Esperemos que vos gusten e gocedes delas en familia!