A finais da semana pasada, os nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro de Primaria baixaron á biblioteca.
Alí explicáronlles como tiñan que facer para emprestar ou devolver un libro, como colocalo no seu andel correspondente, como localizar os libros axeitados á súa idade, cómics, películas, ... O préstamo para o alumnado de primeiro e segundo é feito de xeito manual polos voluntarios da biblioteca; mentres que o de terceiro é informatizado pero coa colaboración dos axudantes que temks.
Ademais, fíxolles moita ilusión recoller os seus carnés e, sobre todo, que a biblio volvese abrir despois do verán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario