Aproveitando o coidado do medio ambiente, os nenos e nenas de segundo fixeron un experimento para comprobar o difícil que resulta que algúns materiais se destrúan e contaminen o menos posible. Os materiais empregados foron: papel hixiénico, toalliñas e papel de cociña. Cada un foi metido nunha botella con auga para comprobar o que ocorre con eles cando chegan aos ríos ou ao mar.
A excavación arqueolóxica do Castro de Reboredo, no noso Concello de Bergondo, serviu como punto de partida para o estudo da Prehistoria e as características das súas tres etapas.
O alumnado de cuarto construiu esta liña de tempo que reflicte todo o aprendido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario