Por problemas técnicos, vémonos obligados a inaugurar unha nova dirección para o blog da biblioteca do CPI CRUZ DO SAR.
viernes, 20 de diciembre de 2019
miércoles, 18 de diciembre de 2019
LEDICIA COSTAS
Hoxe o alumnado de sexto de Primaria e primeiro e segundo da ESO recibiu na Senra unha visita moi especial: Ledicia Costas.
Tiveron a oportunidade de coñecer e escoitar a Ledicia, fantástica escritora que foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil co libro "Escarlatina, a cociñeira defunta".
Ao rematar o encontro, aproveitaron para intercambiar con ela unhas palabras mentres lles asinaba o libro.
Moitas grazas por vir!!
miércoles, 11 de diciembre de 2019
VISITA DE JOSÉ LUIS GRAÑA
O martes 19 de novembro visitounos J. L. Graña, escritor e autor do libro de relatos A vida é dura antes dos 18. O motivo da acollida foi que nos falase do proceso de creación literaria en primeira persoa. Á charla asistiu o grupo de 2ºB da ESO.
A través dun discurso pausado, seleccionando e axeitando as palabras ao auditorio, Graña foi detallando o seu proceder como escritor. Todo empeza cun lapis e un papel. Calquera idea que rolde pola cabeza hai que apuntala para que non se esvaeza, por iso na mesiña de noite ten sempre ese instrumental para rexistrar o pensamento que o desvele ás catro da mañá.
Logo, con todas esas ideas relacionadas, créase unha secuencia narrativa, enfiada e cunhas faíscas do xenio particular de escritor que é Graña. Tras a xestación, chega o parto: A vida é dura antes dos 18. Relatos con protagonistas xuvenís, que en primeira persoa narran os seus grandes conflitos ignorados.
Xoán Barrio Saa.
DÍA INTERNACIONAL DE LOS DERECHOS HUMANOS
O alumnado de 2º de ESO traballou durante esta semana lembrando a data da proclamación dos Dereitos Humanos.
martes, 3 de diciembre de 2019
MES DA CIENCIA ( ESO II )
O alumnado de 3° ESO fixo unha exposición de produtos onde se pode visibilizar o contido de azucre libre presente nos alimentos.
A inspiración par ao traballo foi sacada da web www.sinazucar.org, páxina onde figuran os gramos de azucre presentes en alimentos tan cotiás para os rapaces como o Cola Cao, composto en máis dun 70% de azucre.
A OMS ACONSELLA REDUCIR O CONSUMO DE AZUCRES LIBRES.
Cristina Viqueira, profesora de Ciencias Naturais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Anímaste a celebrar o “DIA DO LIBRO” dende a túa casa? O Día do Libro é un dos días favoritos da biblioteca do CPI Cruz do Sar. Sab...
-
O alumnado de 1º ESO aprenderon como facer un circuito eléctrico con cinta adhesiva de cobre, para facer resplandecer as súas postais de N...
-
O martes 19 de novembro visitounos J. L. Graña, escritor e autor do libro de relatos A vida é dura antes dos 18. O motivo da acollida...