miércoles, 11 de diciembre de 2019

VISITA DE JOSÉ LUIS GRAÑA




O martes 19 de novembro visitounos J. L. Graña, escritor e autor do libro de relatos A vida é dura antes dos 18.  O motivo da acollida foi que nos falase do proceso de creación literaria en primeira persoa. Á charla asistiu o grupo de 2ºB da ESO.
A través dun discurso pausado, seleccionando e axeitando as palabras ao auditorio, Graña foi detallando o seu proceder como escritor. Todo empeza cun lapis e un papel. Calquera idea que rolde pola cabeza hai que apuntala para que non se esvaeza, por iso na mesiña de noite ten sempre ese instrumental para rexistrar o pensamento que o desvele ás catro da mañá.
Logo, con todas esas ideas relacionadas, créase unha secuencia narrativa, enfiada e cunhas faíscas do xenio particular de escritor que é Graña. Tras a xestación, chega o parto: A vida é dura antes dos 18. Relatos con protagonistas xuvenís, que en primeira persoa narran os seus grandes conflitos ignorados. 
Xoán Barrio Saa.




2 comentarios:

  1. Capacidade de análise, de síntese e precisión. Parabéns por este agasallo crónica-entrada, Xoán. Mil grazas!

    ResponderEliminar
  2. Igualmente, vaia o meu agradecemento ao profesorado do CPI, pola entrañable acollida; ao alumnado, pola boa actitude, e á Concellaría de Cultura, polo compromiso co seu labor.

    ResponderEliminar