jueves, 14 de noviembre de 2019

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Outro ano máis ten lugar a celebración do MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de Manifesto, da científica Alicia Estévez Taranzo que resalta a importancia das bibliotecas " para que moitos dos coñecementos rigorosamente contrastados sexan accesibles ao público". Aquí vos deixamos o enlace: 


O EDNL xunto coa Biblioteca propuxo que, tanto E.P. como ESO, aproveitasen os contidos que estaban a traballar nas asignaturas de Ciencias e montasen un mural para expoñer no edificio principal. 

Os alumnos e alumnas de 4° EP elaboraron unhas fichas informativas que recollen as características máis peculiares de diferentes animais. Tiveron que buscar e organizar a información eles mesmos coa axuda dunha tablet ou ordenador. Os debuxos tamén foron feitos por eles. Logo montaron un mural para relacionar cada debuxo co animal correspondente.



No hay comentarios:

Publicar un comentario