Hoxe, 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca Escolar. Esta conmemoración está impulsada dende 1997 pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.
Este ano, o Ministerio de Cultura e Deporte propón a incorporación do lema " aptas para todos os públicos", co obxectivo de salientar o papel das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero.
Ademais, este curso queremos que esta data coincida coa salida das mochilas viaxeiras rumbo ás casas das nenos e nenas. Puxemos en marcha doce, dúas por cada nivel de Primaria. Preparámolas con moito agarimo e esperamos que a selección de libros, revistas e películas vos gusten e gocedes en familia!
Lembra pasar pola biblioteca a coller un libro e un agasallo!
Lembra pasar pola biblioteca a coller un libro e un agasallo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario