Lembrade que na biblioteca podedes atopar cada mes "O Papagaio", un xornal para xente miúda.
lunes, 18 de enero de 2021
domingo, 17 de enero de 2021
REVISTAS NA BIBLIOTECA. CLIJ (cuadernos de literatura infantil e juvenil).
Esta publicación mensual dirixida principalmente ao profesorado, ponnos ao día das novidades editoriais e as noticias arredor da literatura infantil e xuvenil.
Tamén podemos encontrar artigos sobre diferentes temas relacionados co fomento da lectura, monografías sobre autores ou xéneros, recomendacións lectoras por idades, etc
No seu número 229, correspondente ao mes de xaneiro e febreiro podemos atopar un acertado artigo de opinión de Iván Moldes, Corazón de Tiza, que trata sobre o valor do tempo de lectura libre dentro do horario escolar e unha colaboración de Choni Fernández Vilaseñor titulado "Lectura digital Infantil".
Deixo aquí unha imaxe do primeiro e a primeira páxina do segundo, para animarvos á lectura.
martes, 12 de enero de 2021
XEOGRAFÍAS LECTORAS. FRANCÉS ESO
ESTAMOS DE VOLTA!
A biblioteca abre de novo as súas portas tras un primeiro trimestre pechada debido ás restriccións causadas pola COVID 19.
Ademais, o alumnado de terceiro de E. Primaria recibiu con moito entusiamo os novos carnés para facer o préstamo automatizado.
Esperamos ir collendo ritmo pouco a pouco...
-
O Departamento de Francés organizou un concurso de CALIGRAMAS nos seguintes grupos: 1º ESO B, 2º ESO A, 3º ESO A, B e 4º ESO A e B. "...
-
Vídeo DÍA DE ROSALÍA Ficha ROSALÍA para colorear e poñerlle o nome. Ficha Rosalía, investigación e tratamento da información. Puzzles R...