domingo, 17 de enero de 2021

REVISTAS NA BIBLIOTECA. CLIJ (cuadernos de literatura infantil e juvenil).


Esta publicación mensual dirixida principalmente ao profesorado,  ponnos ao día das novidades editoriais e as noticias arredor da literatura infantil e xuvenil.

Tamén podemos encontrar artigos sobre diferentes temas relacionados co fomento da lectura, monografías sobre autores ou xéneros, recomendacións lectoras por idades, etc

No seu número 229, correspondente ao mes de xaneiro e febreiro podemos atopar un acertado artigo de opinión de Iván Moldes, Corazón de Tiza, que trata sobre o valor  do tempo de lectura libre dentro do horario escolar e unha colaboración de Choni Fernández Vilaseñor titulado "Lectura digital Infantil".

Deixo aquí unha imaxe do primeiro e a primeira páxina do segundo, para animarvos á lectura.






No hay comentarios:

Publicar un comentario