miércoles, 19 de mayo de 2021

ACEPTA O RETO! RETO 1: FACER UN CIRCUITO

Hoxe comenzamos un concurso diferente: ACEPTA O RETO! Este novo concurso tivo gran acollida entre o alumnado de Primaria e Secundaria. Apuntáronse trinta grupos!

O primeiro reto consiste en facer un circuito. O alumnado participante recolleu o material na biblioteca durante o recreo e puxéronse mans á obra.

Aquí os tedes todos concentrados. Ao longo destes días iremos colgando máis fotos dos proxectos e como os están a facer.

 Moita sorte rapaces!!











lunes, 17 de mayo de 2021

1º RETO


 Accede dende aquí aos enlaces que aparecen no vídeo:

PINTEREST BIBLIOTECA CPI CRUZ DO SAR. CIRCUITOS DE PAPELhttps://www.pinterest.es/cruzdosar/circuitos-de-papel/

VÍDEO TUTORIAL CÓMO HACER UN CIRCUITO DE PAPEL 


ACEPTA O RETO! ATENCIÓN ALUMNADO PARTICIPANTE

Si estades pendentes de participar no concurso da biblioteca ACEPTA O RETO!  ver estes vídeos que aparecen a continuación non vos viría nada mal.




martes, 11 de mayo de 2021

ACEPTA O RETO!. PRESENTACIÓN

 Hai moitos anos que cando chegan estas datas, plantexamos para o alumnado de 5º e 6º e para toda a ESO  o concurso "A PREGUNTA DO DÍA".

Este ano  propoñemos de maneira experimental un concurso diferente: ACEPTA O RETO! 

Mantense a esencia dunha competición por equipos na que o alumnado participante ten que afrontar certas probas propostas pola biblioteca. 

As bases son similares con algunhas variacións. Un reto semanal en lugar dunha pregunta diaria á que responder, probas máis manipulativas e que requiren máis traballo colaborativo...

Esta iniciativa trata de mostrar e orientar a biblioteca e as súas actividades hacia un “centro creativo de aprendizaxes”, apoiando a existencia de espazos creativos e cooperativos de experimentación, investigación e creación no seo da biblioteca escolar.

O prazo para apuntarse: Do 10 ao 14 de maio

O mércores  19 de maio comezaremos co primeiro reto.