martes, 11 de mayo de 2021

ACEPTA O RETO!. PRESENTACIÓN

 Hai moitos anos que cando chegan estas datas, plantexamos para o alumnado de 5º e 6º e para toda a ESO  o concurso "A PREGUNTA DO DÍA".

Este ano  propoñemos de maneira experimental un concurso diferente: ACEPTA O RETO! 

Mantense a esencia dunha competición por equipos na que o alumnado participante ten que afrontar certas probas propostas pola biblioteca. 

As bases son similares con algunhas variacións. Un reto semanal en lugar dunha pregunta diaria á que responder, probas máis manipulativas e que requiren máis traballo colaborativo...

Esta iniciativa trata de mostrar e orientar a biblioteca e as súas actividades hacia un “centro creativo de aprendizaxes”, apoiando a existencia de espazos creativos e cooperativos de experimentación, investigación e creación no seo da biblioteca escolar.

O prazo para apuntarse: Do 10 ao 14 de maio

O mércores  19 de maio comezaremos co primeiro reto.




No hay comentarios:

Publicar un comentario