miércoles, 27 de octubre de 2021

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este curso retomamos a actividade das mochilas viaxeiras, parada o curso pasado pola COVID. 

A mochila viaxeira permite á biblioteca escolar estar en contacto coas familias. Dentro de cada mochila vai un listado co contido da mesma e un diario para que as familias colaboren expresando a súa opinión. 

Incluimos diversos materiais coma un cómic, un libro de poemas, unha biografía,  un CD de música, ...

Esperamos que vos gusten e gocedes deste momento en familia! 















lunes, 25 de octubre de 2021

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Desde 1997 celébrase o Día  das Bibliotecas Escolares, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil. 
A edición deste ano, baixo o lema " Bibliotecas: ler, aprender, descubrir" céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento. 

Este ano quixemos celebralo colocando un punto móbil de lectura no patio para que os nenos e nenas puidesen coller algún libro, se lles apetece, durante os recreos.
A idea tivo gran acollida entre os rapaces polo que imos mantela durante o resto do curso.
Ademais, os voluntarios da biblioteca repartiron chapas deseñadas por nós para conmemorar un día tan importante. 












jueves, 21 de octubre de 2021

SAMAÍN

 No colexio e na nosa biblioteca xa está todo  preparado para recibir ao Samaín. Tedes unha selección de "libros de medo" para esta data tan especial. Agardamos que vos gusten! 


Ademais, en colaboración co EDLG, o alumnado de cuarto, quinto e sexto podedes presentarvos ao concurso de contos de medo. 

As bases están na biblioteca e na páxina do EDLG.

Non esquezas presentar o teu relato! 






lunes, 4 de octubre de 2021

ESTAMOS DE VOLTA!

Empezamos outubro con moitas ganas e o cartel de Bibliotecas Escolares. Este ano ten como lema " A biblioteca ten a palabra" e quere poñer o foco na palabra e na oralidade. 

É obra do deseñador, ilustrador, escritor e artista visual Pablo Otero.