Desde 1997 celébrase o Día das Bibliotecas Escolares, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.
A edición deste ano, baixo o lema " Bibliotecas: ler, aprender, descubrir" céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento.
Este ano quixemos celebralo colocando un punto móbil de lectura no patio para que os nenos e nenas puidesen coller algún libro, se lles apetece, durante os recreos.
A idea tivo gran acollida entre os rapaces polo que imos mantela durante o resto do curso.
Ademais, os voluntarios da biblioteca repartiron chapas deseñadas por nós para conmemorar un día tan importante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario