Actividade dirixida ao alumnado de 1º de ESO na
materia de RELIXIÓN.
Colaboramos a Biblioteca, o Departamento de
Relixión e o Departamento de Tecnoloxía.
Esta actividade foi levada a cabo na biblioteca.
Propuxéronselle ao alumnado varios modelos de
postais de Nadal con diferentes debuxos que tiveron que decorar ou colorear.
Na seguinte sesión vimos os vídeos que gravou a profesora
de tecnoloxía explicando como facer os
circuítos eléctricos con cinta de cobre para que a postal contara con
iluminación.
Na seguinte sesión elaboramos os circuítos e
rematamos a postal que o alumnado levou para a súa casa.