miércoles, 29 de diciembre de 2021

Postais de Nadal con circuitos de papel


Actividade dirixida ao alumnado de 1º de ESO na materia de RELIXIÓN.

Colaboramos a Biblioteca, o Departamento de Relixión e o Departamento de Tecnoloxía.

Esta actividade foi levada a cabo na biblioteca.

Propuxéronselle ao alumnado varios modelos de postais de Nadal con diferentes debuxos que tiveron que decorar ou colorear.

Na seguinte sesión vimos os vídeos que gravou a profesora de tecnoloxía  explicando como facer os circuítos eléctricos con cinta de cobre para que a postal contara con iluminación.

Na seguinte sesión elaboramos os circuítos e rematamos a postal que o alumnado levou para a súa casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario