miércoles, 23 de febrero de 2022

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

 

Na biblioteca temos preparado un agasallo para os usuarios que leven un libro en préstamo no DÍA DE ROSALÍA.



Tamén estarán dispoñibles  os crebacabezas con información da vida e obra de Rosalía de Castro e unha ficha para completar despois de rematalos.


FICHA








23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA (II)

Un ano máis, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, poeta galega que representa como ningunha outra o sentimento de pertenza á nosa Terra. 

Ademais das lecturas que cada curso fixo nas súa aula, desde a biblioteca preparamos unha ficha sinxela con información básica sobre a súa vida e obra para traballar dun xeito máis lúdico, a través duns quebracabezas.

O alumnado de cuarto de primaria baixou á biblioteca, organizáronse por grupos e foron montando os quebracabezas para logo completar a ficha de Rosalía. Ao rematar, fixeron unha posta en común entre todos.













lunes, 14 de febrero de 2022

CONTACONTOS: ÉRICA ESMORÍS

Hoxe visitounos Érica Esmorís, escritora galega nada na A Coruña. A rapazada de cuarto de primaria gozou deste encontro coa autora que conversou con eles sobre o seu libro "Patio de luces" co que gañou o XI Premio de Narrativa infantil Ciudad de Málaga.

Os nenos e nenas estaban visiblemente emocionados xa que mercaran e leran o libro nas aulas durante a "Hora de Ler". Conectaron desde o comezo coa escritora, fixéronlle moitas preguntas e contestaron as que ela lles  plantexou. Ao rematar, asinoulles o libro a tod@s incluído un exemplar para a nosa biblioteca. 

Moitas grazas Érika!