Hoxe visitounos Érica Esmorís, escritora galega nada na A Coruña. A rapazada de cuarto de primaria gozou deste encontro coa autora que conversou con eles sobre o seu libro "Patio de luces" co que gañou o XI Premio de Narrativa infantil Ciudad de Málaga.
Os nenos e nenas estaban visiblemente emocionados xa que mercaran e leran o libro nas aulas durante a "Hora de Ler". Conectaron desde o comezo coa escritora, fixéronlle moitas preguntas e contestaron as que ela lles plantexou. Ao rematar, asinoulles o libro a tod@s incluído un exemplar para a nosa biblioteca.
Moitas grazas Érika!
No hay comentarios:
Publicar un comentario