Estas charlas sobre Mulleres Científicas e Orientación laboral organizadas polo Departamento de Orientación tiveron lugar na biblioteca durante os meses de outubro e novembro.
domingo, 20 de noviembre de 2022
TALLERES SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO NA BIBLIOTECA
Durante o mes de novembro o alumnado do CPI Cruz do Sar, agarda o 25 N aprendendo e aclarando conceptos como VIOLENCIA DE XÉNERO, VIOLENCIA MACHISTA, VIOLENCIA INTRAFAMILIAR, VIOLENCIA INTRAXÉNERO, MICROMACHISMO...
DÍA DAS ESCRITORAS
O día das escritoras é unha iniciatica promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresariales (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas e Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Desde as bibliotecas escolares proponse que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
No CPI Cruz do Sar o alumnado de 1º ESO, na materia de Proxecto Competencial levaron a cabo un traballo de investigación, e procura dos libros da biblioteca que están escritos por mulleres, en galego e en castelán.
Sinalizaron as súas obras nos andeis e fixeron unha investigación sobre a súa vida e obra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
O Departamento de Francés organizou un concurso de CALIGRAMAS nos seguintes grupos: 1º ESO B, 2º ESO A, 3º ESO A, B e 4º ESO A e B. "...
-
Vídeo DÍA DE ROSALÍA Ficha ROSALÍA para colorear e poñerlle o nome. Ficha Rosalía, investigación e tratamento da información. Puzzles R...