O día das escritoras é unha iniciatica promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresariales (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas e Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Desde as bibliotecas escolares proponse que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
No CPI Cruz do Sar o alumnado de 1º ESO, na materia de Proxecto Competencial levaron a cabo un traballo de investigación, e procura dos libros da biblioteca que están escritos por mulleres, en galego e en castelán.
Sinalizaron as súas obras nos andeis e fixeron unha investigación sobre a súa vida e obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario