martes, 25 de abril de 2023

OBRADOIRO CON LIBROS VELLOS

 Hoxe o alumnado de terceiro de Educación Primaria fixo un obradoiro moi especial coa mestra de Lingua Galega de Secundaria, Marta. 


Aproveitando que estamos a facer un expurgo na nosa biblioteca, Marta explicoulles como facer un ourizo a partir dun libro vello. Ademais , tamén lles comentou por que se celebraba o Día do Libro o 23 de abril.

Encántoulles e xa están desexando baixar outra vez a facer outra actividade. Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades que ben quedaron.  

Moitas grazas Marta!!



lunes, 24 de abril de 2023

FEIRA SOLIDARIA DO LIBRO (DÍA DO LIBRO I)

 Para celebrar o Día do Libro, organizamos xunto co equipo de EDNL unha Feira Solidaria do Libro, aproveitando un expurgo na biblioteca e moitas doacións das familias.

Ao frente púxose a rapazada de 3º de EP que axudou a montalo e colocou os libros e, algúns compañeiros que están dentro do Departamento de Dinamización Lingüística que, ademais, encargáronse de toda a cartelería e a difusión da actividade por todo o centro.

A proposta tivo tanto éxito que permaneceu aberta durante os recreos de toda a semana. 

Moitas grazas a todas as familias e o alumnado pola súa solidariedade e colaboración!