Para celebrar o Día do Libro, organizamos xunto co equipo de EDNL unha Feira Solidaria do Libro, aproveitando un expurgo na biblioteca e moitas doacións das familias.
Ao frente púxose a rapazada de 3º de EP que axudou a montalo e colocou os libros e, algúns compañeiros que están dentro do Departamento de Dinamización Lingüística que, ademais, encargáronse de toda a cartelería e a difusión da actividade por todo o centro.
A proposta tivo tanto éxito que permaneceu aberta durante os recreos de toda a semana.
Moitas grazas a todas as familias e o alumnado pola súa solidariedade e colaboración!
No hay comentarios:
Publicar un comentario