O luns día 5 de maio pola tarde todo o alumnado da ESO estivemos con Icía do Manso e Xosé Manuel Varela Varela na Senra. Viñeron presentar Cantareiras, publicación na que fan un percorrido polas pandereteiras ás que se dedica o Día das Letras Galegas 2025. Acompañounos tamén Juan José Alvite, veciño de Bergondo e fillo de Eva Castiñeira, unha das mulleres homenaxeadas.
Organizou o Departamento de Lingua e Literatura Galega, Biblioteca e o Edlg Cruz do Sar coa colaboración do Concello de Bergondo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario