https://bergondo.gal/descubre-bergondo/bergondo-en-feminino/
Varios cursos de 1º, 2º e 3º ESO participan neste curso na actividade "Bergondo en feminino" organizada polo concello de Bergondo. Nesta ruta por diversos lugares de Bergondo o noso alumnado tivo a ocasión de coñecer a historia e a importancia de mulleres relacionadas co noso concello. En Moruxo, presentouselles a prolífica obra da escritora galega Filomena Dato. No Pazo de Mariñán coñeceron a historia de Inés de Ribadeneira, noble que estivo a piques de morrer asasinada polo seu marido. En Lubre destacaron a figura de Maruxa do Chelo, comadroa que axudou a traer ao mundo a máis de 800 bebés. Por último visitaron a Quinta do Cortón, en Vixoi, onde se lles resaltou a figura da mestra Jacinta Landa. Tamén lles falaron da vida doutras mulleres de Bergondo como Xabiela Fraga, Luisa Viqueira ou Josefa Crespo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario