O alumnado de 1º de EP participou nun obradoiro coa placa MAKEY, MAKEY, como parte do proxecto Biblioteca Creativa, promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares e do que forma parte a Biblioteca desde hai uns anos.
Almudena Alonso foi a encargada de impartir a formación, trouxo as placas para realizar o obradoiro e deixou unha no centro. Achegaron tamén diferentes materiais e traballaron na aula cos ordenadores portátiles da biblioteca.
Punto de encontro
Punto de encontro é o blog da biblioteca do CPI CRUZ do SAR
lunes, 9 de junio de 2025
BIBLIOTECA CREATIVA_COMPETENCIA DIXITAL
lunes, 2 de junio de 2025
BERGONDO EN FEMININO. ROTEIRO POLAS MULLERES DE BERGONDO
https://bergondo.gal/descubre-bergondo/bergondo-en-feminino/
Varios cursos de 1º, 2º e 3º ESO participan neste curso na actividade "Bergondo en feminino" organizada polo concello de Bergondo. Nesta ruta por diversos lugares de Bergondo o noso alumnado tivo a ocasión de coñecer a historia e a importancia de mulleres relacionadas co noso concello. En Moruxo, presentouselles a prolífica obra da escritora galega Filomena Dato. No Pazo de Mariñán coñeceron a historia de Inés de Ribadeneira, noble que estivo a piques de morrer asasinada polo seu marido. En Lubre destacaron a figura de Maruxa do Chelo, comadroa que axudou a traer ao mundo a máis de 800 bebés. Por último visitaron a Quinta do Cortón, en Vixoi, onde se lles resaltou a figura da mestra Jacinta Landa. Tamén lles falaron da vida doutras mulleres de Bergondo como Xabiela Fraga, Luisa Viqueira ou Josefa Crespo.
miércoles, 21 de mayo de 2025
DÍA DO LIBRO 2025_MERCADILLO SOLIDARIO
martes, 6 de mayo de 2025
AS CANTAREIRAS NA SENRA
O luns día 5 de maio pola tarde todo o alumnado da ESO estivemos con Icía do Manso e Xosé Manuel Varela Varela na Senra. Viñeron presentar Cantareiras, publicación na que fan un percorrido polas pandereteiras ás que se dedica o Día das Letras Galegas 2025. Acompañounos tamén Juan José Alvite, veciño de Bergondo e fillo de Eva Castiñeira, unha das mulleres homenaxeadas.
Organizou o Departamento de Lingua e Literatura Galega, Biblioteca e o Edlg Cruz do Sar coa colaboración do Concello de Bergondo.
lunes, 5 de mayo de 2025
viernes, 25 de abril de 2025
DÍA DAS ARTES GALEGAS. ISAAC DÍAZ PARDO
martes, 22 de abril de 2025
OBRADOIRO DE REGUEIFA NA BIBLIOTECA
O luns 7 de abril, o alumnado de 2° da ESO participou no Obradoiro de regueifa impartido por Lupe Blanco. Da man da regueifeira de Coristanco aprenderon cal é a orixe da regueifa, como se crea e como se canta de maneira moi activa e lúdica.
-
O Departamento de Francés organizou un concurso de CALIGRAMAS nos seguintes grupos: 1º ESO B, 2º ESO A, 3º ESO A, B e 4º ESO A e B. "...
-
Encima dos carros dos ordenadores e tamén na Aula de Informática quedarán estes cadernos para que o profesorado anote os traballos de Inves...
-
Vídeo DÍA DE ROSALÍA Ficha ROSALÍA para colorear e poñerlle o nome. Ficha Rosalía, investigación e tratamento da información. Puzzles R...