A semana pasada o alumnado de quinto de Primaria tivo unha actividade diferente (e tan diferente...). Puideron construír estructuras ideadas por Leonardo da Vinci: " cúpulas autosostibles". Estas estructuras levántanse sen ningún tipo de subxección e se manteñen unidas grazas ao seu propio peso e a acción da gravidade.
Son, por tanto, estructuras recíprocas nas que os elementos que as compoñen están apoiados entre sí.
O mestre fixo grupos de seis ou sete nenos e facilitoulles unha folla cun modelo de cúpula e unhas instruccións breves. A construcción e utilización deste recurso educativo esixe un traballo cooperativo, de imaxinación espacial de seguimento dun patrón, ... ademais de ser unha proposta innovadora que mestura conceptos relacionados coa xeometría, arte e historia.
Foi un ÉXITO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario