Durante todo o mes de novembro celebrouse o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares. Nós tamén quixemos unirnos e, dende a Biblioteca e Dinamización Lingüística, propuxemos a creación dun gran abecedario científico para facer un mural xigante que se montou no edificio principal.
O traballo consistiu en que cada grupo preparase, a través da búsqueda de información na biblioteca, a biografía e traballo dun os varios científicos da letra que se lles asignou.
O alumnado de ESO seguiu a proposta da profesora de matemáticas: a creación dun poema utilizando termos matemáticos. Non tiveron límite de extensión, so a recompensa de recibir 0,25 puntos máis na avaliación final de dúas asignaturas: matemáticas e lingua.
Fixeron un cartel promocional: " Mates e lingua únense para crear o concurso do ano: o poema matemático".
Puxeron a proba os seus coñecementos e desafiaron as súas dotes creativas ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario