miércoles, 7 de noviembre de 2018

OBRADOIROS DE CONSUMO E PUBLICIDADE

Onte tiveron lugar nas aulas e na biblioteca varios obradoiros de consumo e publicidade impartidos pola Escola Galega de Consumo. Estas  actividades están dirixidas a todos os nenos e nenas de Ed. Primaria coa finalidade de impulsar e desenrolar a educación e a formación das persoas consumidoras. 
Traballaron dun xeito práctico diferentes temáticas como a publicidade, xoguetes, consumo, información que aparece nunha etiqueta, ... que conforman o consumo responsable.

- 1° Ed. Primaria: os nenos e nenas deste nivel participaron activamente nunha charla moi motivadora sobre a igualdade na publicidade. Fixo que se decatasen de que a publicidade non conta toda a verdade e que os anuncios fan que queiran cousas sen pensar , por copiar o que sae nelas. 

- 2° Ed. Primaria: primeiro repartíronlles unhas láminas con cousas que tiñan que clasificar como xoguetes ou non xoguetes (por exemplo: bici, balón, colar, puzle, consola, ...). Finalmente, fixeron un xoguete: unha medusa (con pratos de cartón e tiras de cores de papel seda e pinocho e gomets. Unha vez rematados, puxéronlles a etiqueta feita por eles. 

- 3°-4° Ed. Primaria: o alumnado destes niveis traballou os contidos relacionados coa publicidade ( música, cores, slogan). Visualizaron un par de vídeos de anuncios publicitarios para comprender mellor a linguaxe e os recursos utilizados e, por grupos, elaboraron un anuncio que ao final tiveron que expoñer. 

- 5°-6° Ed. Primaria: traballaron no obradoiro de consumo, acerca de información que debe aparecer nunha etiqueta. 








Ū

No hay comentarios:

Publicar un comentario