Este ano participamos no progrma Bibliotecas Creativas o que quere dicir que, entre outras cousas, recibimos catro escornabots para poder iniciar na robótica aos alumnos do centro. Despois de acudir ao curso de formación, os alumnos montaron os robots.
Comenzamos cos máis pequenos, 1° e 2° de Educación Primaria, e unha actividade chamada A Familia. Os xogadores deben localizar e recoller as tarxetas cos membros da familia que corresponden coa súa. Unha vez que conseguen as tarxetas, deben falar brevemente da súa familia e facer unha pequena descripción. Para rematar, deben dirixir o escornabot á casa.
O xogo pode complicarse de distintos xeitos: engadindo tarxetas de cor que se considerarán obstáculos, realizar os movementos segundo os números dun dado, ...
Tamén preparamos unha actividade para os máis maiores que ten a forma dun xogo de estratexia.
Os nenos e nenas de 2° de E.P. puxéronse mans á obra e están a facer diferentes plantillas para xogar cos escornabots.
No hay comentarios:
Publicar un comentario