domingo, 13 de octubre de 2019

DÍA DE LAS ESCRITORAS


O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, profesionales y empresariaS. (FEDEPE) e a Asociación cásicas e Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras. 

Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A IV ediciéon celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema: "MULLERES, AMOR E LIBERDADE". O amor entendido dende a perspectiva das mulleres:"un territorio amplo, complexo, contradictorio, laberíntico, atravesado por luces e sombras, grandes paixóns, máis tamén as coitas", como explica Clara Sanchís, comisaria desta convocatoria.

Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición de libros, ben lendo fragmentos dos mesmos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura.

Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle
"Na comunide druídica achou a nena a vida que desexaba […] destacou pola súa intelixencia e sagacidade e polo seu amor e dedicación ao estudo".

A asesoría de Bibliotecas Escolares anima a que toda a comunidade educativa colabore na ampliación desta lista, e con este fin lánzase unha proposta en Twiter: lembrar a todas as escritoras galegas que traballen estas temáticas nas súas obras. Para iso usaranse os cancelos #DíadasEscritorasgalegas #DíadelasEscritoras e #bescolaresgal para darlles visibilidade.






O alumnado de 1º de ESO da materia de “Investigación e tratamento da información “ levaron a cabo con motivo desta data un traballo de investigación.  Localizaron libros escritos por mulleres na zona onde están os libros recomendados para a súa idade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario