jueves, 11 de marzo de 2021

BIBLIOTECA CREATIVA: FORMACIÓN

 Despois de repasar as propostas das Xornadas de Biblioteca Creativa no mes de novembro, pensamos que sería axeitado iniciarnos nalgún proxecto con compoñentes electrónicos.

Contamos con Paola Guimerans, que no ano 2013, comeza en España o Proxecto Aula Steam que ten como obxectivo integrar os téxtiles e a electrónica (e-téxtiles) dentro do sistema educativo. 

Durante a súa exposición, falounos dos espazos Maker que están xurdindo nas bibliotecas escolares e da educación STEAM, unha nova tendencia educativa que conxuga habilidades artísticas e creativas coa educación científica e tecnolóxica. 

Tamén houbo unha parte máis práctica: montamos un circuito eléctrico cunha cinta adhesiva conductora de cobre. 

Moitas grazas por compartir as túas ideas con nós! 










No hay comentarios:

Publicar un comentario