Hoxe, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora. No edificio principal puxemos unha selección dalgúns libros que podedes atopar na biblioteca. Esperamos que vos gusten!
Ademais, desde o CPI Cruz do Sar queremos render unha homenaxe a todas as mulleres da nosa comunidade invitando ao alumnado a que nos presenten a esa muller ou mulleres que están poñendo todo o seu esforzo para que en tempos de pandemia poidamos seguir coas nosas vidas.
Para iso, propoñemos que o alumnado nos presente a súa nai, a súa avoa, irmá, tía..., a través dunha foto ou debuxo, acompañado por unhas palabras ou texto que expliquen o labor desa muller en tempos de pandemia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario