lunes, 22 de marzo de 2021

HORA DE LER NA BIBLIOTERRAZA

Aproveitando o tempo soleado que temos estes días, os alumnos e alumnas de terceiro de Primaria baixaron á biblioterraza para facer alí a hora de ler e gozar deste espazo ao aire libre.  

Están a ler o libro de Érica Esmorís, Patio de luces, que acadou o XI Premio de Narrativa Infantil Ciudad de Málaga 2020. 

A protagonista do libro pasa as tardes dos venres co seu avó que é porteiro dun edificio. Sentada no patio de luces, encántalle imaxinar quen vivirá en cada piso. Pero as cousas non sempre son o que parecen....









No hay comentarios:

Publicar un comentario